Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Luns, 18 de xaneiro de 2021 Páx. 2798

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (714/2019).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 714/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Maceiras Carril contra Serigrafía, Bordados y Rotulación, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou Resolución do 3 de novembro de 2020 en cuxo texto consta:

«Resolución:

Acéptase parcialmente a demanda formulada por Pablo Maceiras Carril fronte á empresa Serigrafía, Bordados e Rotulación, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Serigrafía, Bordados y Rotulación, S.L. ao traballador.

– Condénase a empresa Serigrafía, Bordados y Rotulación, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 6.435,71 euros; o aboamento da devandita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo; en caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 42,57 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución; abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do prazo indicado.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignada a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e fará constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

Publicación. A presente sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, mentres realizaba a audiencia pública. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Serigrafía, Bordados y Rotulación, S.L, expido o presente edicto para a súa inserción en Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza