Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 260 Martes, 29 de decembro de 2020 Páx. 50767

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (868/2016).

Procedemento ordinario 868/2016

Sobre outras materias

Demandante: Jesús Barciela Costas, Clara del Rocío Salgueiriño Lorenzo

Procurador: César Ángel Escariz Vázquez

Avogada: Pilar Vázquez Iglesias

Demandados: Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A., Great Time, S.L.

Procuradora: Cristina Alaejos Guinea

Francisco Rascado González, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Jesús Barciela Costas e Clara del Rocío Salgueiriño Lorenzo fronte a Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. e Great Time, S.L. ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza.

En Vigo o vinte e seis de xullo de dous mil dezanove.

Flora Lomo del Olmo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 7 desta e o seu partido, viu por si os presentes autos de xuízo ordinario seguidos ante este xulgado baixo o número 868/2016, en que son parte demandante Jesús Barciela Costas e Clara R. Salgueiriño Lorenzo representados polo procurador C. Ángel Escariz Vázquez, e parte demandada Great Time, S.L., en rebeldía procesual, e BBVA, S.A., representado pola procuradora Cristina Alaejos Guinea.

Decido que, estimando a demanda promovida polo procurador César Ángel Escariz Vázquez, en nome e representación de Jesús Barciela Costas e Clara del Rocío Salgueiriño Lorenzo, fronte ás entidades Great Time, S.L. e Banco Bilbao Vizcaya Argentaria (BBVA), S.A., declárase a nulidade dos contratos de compravenda e de préstamo a que se refire o devandito escrito reitor, e condénanse solidariamente estas a restituírlles as cantidades aboadas desde a súa subscrición ata a execución da presente resolución, cos xuros que legalmente correspondan desde a data desta sentenza, con imposición das custas causadas.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC)».

E encontrándose o devandito demandado, Great Time, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto. co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 10 de novembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza