Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 260 Martes, 29 de decembro de 2020 Páx. 50769

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 59/2018 MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 59/2018 por instancia de Yanoxi Tejera Fariñas contra Cotemac, S.L. e Fogasa sobre PO, nos que recaeu auto de aclaración, en data do 27 de novembro de 2020, que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva:

Dispoño:

Ha lugar á aclaración de sentenza con data do 18 de novembro de 2020 e modifíquese o feito probado terceiro e o fundamento de dereito primeiro da sentenza, os cales quedarán do teor literal seguinte:

«Feitos probados:

Terceiro. O demandante reclama a cantidade de 10.736,24 euros que se desagregan da seguinte maneira: –Salario xullo 2017, 1.383,15 euros. –Salario agosto 2017, 1.480,15 euros. –Salario 12 días de setembro de 2017, 523,17 euros. –15 días de aviso previo, 732,49 euros. –Horas extraordinarias (216), 2.630,88 euros. –Indemnización por despedimento, 2.486,40 euros. –Atrasos de salarios, 1.500 euros.

Fundamento de dereito:

Primeiro. O demandante reclama a cantidade de 10.736,24 euros que se desagregan da seguinte maneira: –Salario xullo 2017, 1.383,15 euros. –Salario agosto 2017, 1.480,15 euros. –Salario 12 días de setembro de 2017, 523,17 euros. –15 días de preaviso, 732,49 euros. –Horas extraordinarias (216), 2.630,88 euros. –Indemnización por despedimento, 2.486,40 euros. –Atrasos de salarios, 1.500 euros».

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin fornecerán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus 3 representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpoñer recurso sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse fronte á resolución aclarada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Cotemac, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 1 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza