Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 260 Martes, 29 de decembro de 2020 Páx. 50766

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO 4179/2020).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Sala do Contencioso-Administrativo.

Sección Segunda.

A Coruña.

Edicto.

No presente órgano xudicial interpúxose o recurso contencioso-administrativo número 4179/2020 polo procurador José Martín Guimaraéns Martínez, en nome e representación de M.C.S., contra a Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, con data do 5 de febreiro de 2020, de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Ares (A Coruña).

Polo que en cumprimento da dilixencia de ordenación con data do 27 de novembro pasado e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia en parte de quen teña interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 1 de decembro de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza