Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 49998

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (382/2018).

Familia, garda, custodia, alimentación de fillo menor non matrimonial non consensuado 382/2018

Sobre alimentos provisionais

Interveniente, demandante: Ministerio Fiscal, Jurisk Elian Rodríguez Barrera

Procuradora: Patricia Lozano Eiré

Avogada: María Ángeles López Vázquez

Demandado: Jason José Pacheco Pino

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Jurisk Elian Rodríguez Barrera fronte a Jason José Pacheco Pino ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 1181/2020.

Ourense, 24 de novembro de 2020.

Luis Doval Pérez, maxistrado xuíz de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos, sobre garda, custodia e alimentos de fillo non matrimonial, promovidos por Jurisk Elian Rodríguez Barrera, representada pola procuradora Patricia Lozano Eiré e asistida pola letrada María de los Ángeles López Vázquez, contra Jason José Pacheco Pino, en situación de rebeldía procesual. É parte o Ministerio Fiscal.

Fallo que, estimando a demanda formulada pola procuradora Patricia Lozano Eiré, en nome e representación de Jurisk Elian Rodríguez Barrera fronte a Jason José Pacheco Pino, acordo as seguintes medidas definitivas relativas á menor S. S. P. R.:

1. Garda e custodia. Atribúese a garda e custodia da filla menor á súa nai Jurisk Elian Rodríguez Barrera, sendo a patria potestade conxunta por ambos os dous proxenitores.

2. Atribúese á nai o exercicio exclusivo da patria potestade sobre a menor e non se establece réxime de visitas a favor do pai.

Atribúese expresamente e en exclusiva á nai a facultade para decidir sobre permisos e autorizacións relativas á escolarización da menor, así como para autorizar excursións, viaxes, saídas ao estranxeiro, etc., así como para a obtención de pasaporte, petición de axudas públicas e outros documentos ou trámites administrativos sen necesidade de contar coa autorización do outro proxenitor.

3. Pensión de alimentos. O pai aboará en concepto de alimentos a favor da filla menor a suma de 100 € mensuais. O referido importe actualizarase anualmente de conformidade co IPC ao final de cada anualidade e deberá ser ingresado dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que a nai designe para o efecto.

Así mesmo, ambos os proxenitores deberán satisfacer o 50 % dos gastos extraordinarios debidamente acreditados.

Non se efectúa expresa condena en custas.

Notifíquese ás partes esta sentenza, facéndolles saber que non é firme e contra esta cabe recurso de apelación, que deberán interpoñer ante este xulgado dentro os vinte días seguintes á súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Ourense, logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así o ordeno, mando e asino».

E encontrándose o devandito demandado, Jason José Pacheco Pino, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 25 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza