Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 49996

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (608/2020).

Familia, garda, custodia, alimentación de fillo menor non matrimonial non consensuado 608/2020

Sobre alimentos provisionais

Demandante: Mónica Cuquejo Domínguez

Procuradora: María José Conde González

Avogada: María del Pilar Tejada Vidal

Demandado: Alejandro Torres Díaz

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, polo presente anuncio:

No presente procedemento seguido por instancia de Mónica Cuquejo Domínguez fronte a Alejandro Torres Díaz ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 1146/2020.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

En Ourense o 18 de novembro de 2020.

Vistos os presentes autos número 608/2020, sobre petición de alimentos, garda e custodia promovidos pola procuradora Sra. Conde, en nome e representación de Mónica Cuquejo Domínguez, dirixida por letrado, fronte Rodrígo Alejandro Torres Díaz, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Resolución:

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladoras da garda e custodia do menor L. R. C. T., así como a súa pensión de alimentos:

1. Atribúese a garda e custodia do menor á nai Mónica.

2. Atribúese o exercicio exclusivo da patria potestade á nai Mónica.

3. Suspéndese o réxime de visitas.

4. En concepto de alimentos a favor do fillo común establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de 150 euros, que serán anualmente incrementados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa na data un de xaneiro. Así mesmo, establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios diferenciando entre os necesarios (aqueles sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) e os non necesarios, sendo necesario o consentimento previo para estes últimos e non para os primeiros. Entenderase prestada a súa conformidade se, requirido un proxenitor polo outro, de forma fidedigna, é dicir, que conste sen lugar a dúbidas a recepción do requirimento, se deixar transcorrer o prazo de dez días hábiles sen facer ningunha manifestación. No requirimento que se realice o proxenitor que pretenda facer o gasto, deberá detallar o gasto concreto que precise o fillo, e achegar orzamento en que figure o nome do profesional que o expida.

En caso de discrepancias, o gasto extraordinario deberá ser autorizado polo xulgado, conforme o artigo 156 do Código civil, salvo razóns obxectivas de urxencia.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal. Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (arts. 457 e ss. LAC) ante este tribunal.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas, deixando testemuño suficiente en autos.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe».

E encontrándose o devandito demandado, Alejandro Torres Díaz, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 24 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza