Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 50000

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 1161/2017).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1161/2017 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Pedre Fortes, S.L. A Fonte Seca, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Na cidade da Coruña o 3 de xaneiro de 2020.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de María Luisa Arias López, que comparece representada pola letrada Sra. Palla Maceiras, contra a empresa Pedre Fortes, S.L. (A Fonte Seca) e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte:

Sentenza.

Fallo:

Que estimando a demanda interposta por María Luisa Arias López contra a empresa Pedre Fortes, S.L. (A Fonte Seca), condénoa a que lle aboe a cantidade de dous mil douscentos corenta e dous euros e trinta e oito céntimos (2.242,38 €), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que é firme.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pedre Fortes, S.L. A Fonte Seca, ao seu administrador Juan Carlos Fonteela Montero, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza