Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 17 de decembro de 2020 Páx. 49673

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO do acordo de suspensión cautelar da tramitación de planeamento de desenvolvemento, instrumentos de equidistribución, urbanización e licenzas no ámbito do API S-35 Ría do Burgo (631/2020/174).

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria que tivo lugar o 5 de novembro de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar a proposta de suspensión cautelar de tramitación de instrumentos de planeamento, equidistribución e urbanización nos seguintes ámbitos da área de planeamento incorporado API S-35 Ría do Burgo: polígonos e áreas de repartición delimitados en solo urbano non consolidado, situados ao norte da Ponte da Pasaxe (POL RB1, RB2, RB3, RB4, RB5 e RB6).

No ámbito de solo urbano consolidado, suspéndese as licenzas de nova edificación, parcelación (artigos 148 LSG/16 e 366 RLSG/16) e demolición de construcións (artigo 1.4.9 do PXOM/13), no ámbito da norma zonal 12 “edificación en bloque” e da norma zonal 6.2 do PXOM/1998 que se atopa incorporada ao PXOM/2013 no API S-35 (Ría do Burgo), sen afectar as obras nas parcelas cualificadas como equipamento.

No ámbito de solo urbano consolidado da norma zonal nº 13 “solo urbano do núcleo das Xubias de Abaixo” unicamente se suspenden as licenzas de parcelación e demolición das construcións, permitíndose as obras nos edificios (artigo 1.4.8 PXOM) e as obras de nova edificación (artigo 1.4.10 PXOM) agás as de substitución.

En todos os casos anteriormente sinalados, a suspensión non afectará as obras ou actividades sinaladas no artigo 86.3 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que foi aprobado o Regulamento da Lei do solo de Galicia.

Xúntase a este acordo a delimitación do ámbito de suspensión grafada no plano que se achega, así como o resumo executivo.

Segundo. Incoar o expediente de estudo e análise dos parámetros dunha posible modificación puntual do planeamento xeral no ámbito identificado no punto primeiro, que acolla os criterios do novo modelo territorial sinalado nas disposición referidas.

Terceiro. Publicar o acordo de suspensión no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, así como na sede electrónica do Concello.

Cuarto. Notificar este acordo aos departamentos municipais implicados na execución do planeamento».

Contra este acordo cabe interpoñer, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso potestativo de reposición ante o órgano que o ditou, no prazo máximo dun mes, ou ben, recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

O plano e o resumo executivo a que fai referencia o acordo pódense descargar da páxina web de Urbanismo www.coruna.gal/urbanismo na epígrafe «Exposición Pública».

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 20 de novembro de 2020

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 26.6.2019)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo