Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 17 de decembro de 2020 Páx. 49675

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO da convocatoria para a selección de vixilante municipal.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 26 de outubro, aprobáronse as bases da convocatoria para a selección de vixilante municipal. As bases publicáronse no BOP número 252, do 3 de novembro, e o anuncio da convocatoria, no Diario Oficial de Galicia número 237, do 24 de novembro.

Non obstante, en relación co proceso selectivo, o Pleno do Concello, na sesión do 13 de novembro, acordou deixar sen efecto a convocatoria, así como a sinatura de convenio, co fin de que a Comunidade Autónoma de Galicia asuma a convocatoria e o desenvolvemento do proceso selectivo.

O acordo poderá ser obxecto de impugnación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, así como na Lei 29/1988, do 13 de xullo.

O que se fai público para xeral coñecemento e para os efectos oportunos, especialmente das persoas interesadas en concorrer ao proceso selectivo, que será convocado no seu momento pola Administración autonómica a través da consellería competente en materia de seguridade.

Friol, 24 de novembro de 2020

José Ángel Santos Sánchez
Alcalde