Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 253 Xoves, 17 de decembro de 2020 Páx. 49671

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de dotacións para a creación dunha zona de equipamentos públicos en Vilarrodís.

Departamento de Urbanismo e Patrimonio.

Expediente 2019/U035/000002 (1/2017.PEDT).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar telematicamente o xoves 22 de outubro de 2020, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de dotacións para creación dunha zona de equipamentos públicos en Vilarrodís (Arteixo), presentado o día 27 de setembro de 2019, con rexistro de entrada co número 2019/999/00001407, para a súa aprobación inicial, pola entidade Fernández Carballada y Asociados, S.L.P., cos seus documentos adxuntos, cuxo contido se deberá adecuar formalmente ás prescricións establecidas na Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, (DOG do 25 de novembro), antes da aprobación definitiva do documento, e preferiblemente para a aprobación provisional deste unha vez recibidos os informes sectoriais e as alegacións no período de información pública.

Segundo. Abrir un período de información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que se anunciará, ademais, nun dos xornais de maior difusión na provincia. Durante o dito período quedará o expediente ao dispor de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes e estará ao dispor dos interesados na sede electrónica deste concello.

Terceiro. Suspender o outorgamento das licenzas nas áreas afectadas pola aprobación do plan especial, que abrangue a totalidade do ámbito de actuación do plan e está determinado no documento denominado resumo executivo, e que terá unha duración de dous anos, contados desde a aprobación inicial, e que se extinguirá, en calquera caso, coa aprobación definitiva do plan especial.

Esta suspensión non será de aplicación:

– Ás obras de mantemento, conservación e reforma, salvo no caso de obras de rehabilitación integral que sexan equiparables á reconstrución total do edificio, non xustificadas en razóns de urxencia ou que supoñan un aumento do volume edificado.

– Ás licenzas de primeira ocupación.

– Aos proxectos que cumpran simultaneamente o PXOM en vigor e o plan especial en tramitación, sempre que este fose aprobado inicialmente.

– Aos actos suxeitos ao trámite de comunicación previa, coa condición de que se trate de obras ou actos para a implantación de usos ou actividades autorizados no plan especial.

Cuarto. Notificar individualmente o trámite de información pública a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.

Quinto. Solicitarlles ás administracións afectadas pola súa competencia sectorial que emitan o correspondente informe para os efectos regulados na lexislación sectorial. Os informes sectoriais autonómicos deberán ser emitidos no prazo máximo de tres meses, transcorrido o cal se entenderán emitidos con carácter favorable. Neste sentido terase en conta o que para o efecto establece o arquitecto municipal no seu informe do 11 de outubro de 2020.

«Tras a aprobación inicial deste instrumento de planeamento, conforme o RLSG, en atención ás circunstancias que se coñece que concorren no ámbito, precísase solicitar os da Delegación do Goberno; Confederación Hidrográfica Galicia Norte-Costa; Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo; Dirección Xeral de Patrimonio Cultural; Augas de Galicia».

Arteixo, 11 de novembro de 2020

O alcalde
P.D. (Decreto 1546/2020, do 10 de xullo)
Luis Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado de Urbanismo e Patrimonio