Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49281

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 127/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 127/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Bibiana Magán Mirás contra a empresa Le Campane, S.L. e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Bibiana Magán Mirás contra Le Campane, S.L., debo condenar e condeno a mercantil Le Campane, S.L. a aboarlle á demandante a suma de 4.303,33 euros brutos polos conceptos sinalados no feito probado cuarto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais (que son 3.149,64 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do 576 da LAC a partir da presente resolución, e os xuros do artigo 1108 do Código civil sobre os conceptos indemnizatorios (que son 1.153,69 euros) desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Le Campane, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza