Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49280

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de auto de aclaración de sentenza (738/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento PO 738/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María José Rey Martín contra a empresa Formagal Formación y Servicios, S.L., sobre ordinario, ditouse auto de aclaración de Sentenza de data do 20.11.2020, contra o que non cabe recurso ningún que se encontra á súa disposición na oficina xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Formagal Formación y Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 23 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza