Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49282

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 853/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 853/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carolina Siso López, sobre ordinario, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Que estimando parcialmente a demanda interposta por Carolina Siso López contra Turmens Logística Urgente, S.L., debo condenar e condeno a empresa demandada a aboarlle á demandante a suma de 7.536,6 euros brutos –desagregados e polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza–, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais (que son 6.732 euros) desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e os xuros previstos no artigo 1108 do Código civil sobre os conceptos indemnizatorios (que son 804,60 euros) desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia, e deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Turmens Logística Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza