Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49284

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 871/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 871/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Álvarez Lomba contra a empresa Seguridad y Planificación Galicia, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

Resolvo:

Acepto integramente a demanda presentada por Manuel Álvarez Lomba contra Seguridad y Planificación Galicia, S.L., Montserrat Vale Santos e o Fondo de Garantía Salarial, e condeno a mercantil demandada a lle aboar ao demandante a cantidade de 660,07 euros brutos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade, xerados desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; e condeno a Montserrat Vale Santos a estar e pasar polas anteriores declaracións e condenas, na súa soa condición de administradora concursal da entidade demandada.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, procede a súa condena nesta instancia e debe observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso.

E para que sirva de notificación en forma legal a Seguridad y Planificación Galicia, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza