Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49285

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 798/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 798/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio López Otero contra a empresa Turmens Logística Urgente, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é como segue:

Que, aceptando integramente a demanda interposta por Sergio López Otero contra Turmens Logística Urgente, S.L., debo condenar e condeno a empresa demandada a lle aboar á demandante a suma de 5.522,08 euros brutos –desagregados e polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta sentenza–, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais (que son 5.004,42 euros) desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, os xuros previstos no artigo 1108 do Código civil sobre os conceptos indemnizatorios (que son 517,66 euros) desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e debe observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en forma legal a Turmens Logística Urgente, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza