Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49286

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 475/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 475/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Josefa Caamaño Echeverri contra North West Food, S.L., Hidro Holding, S.L., Base 5 Cherbourg, Far Ouest Societé e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse o 17.11.2020 a Sentenza 217/2020, contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días.

Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro das mencionadas resolucións na Secretaría do devandito órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Base 5 Cherbourg e Far Ouest Societé, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza