Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 252 Mércores, 16 de decembro de 2020 Páx. 49287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 30 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento de cancelación, individual e conxunta, no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2013/025 e dous máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanselles ás persoas identificadas no anexo as súas respectivas resolucións de cancelación no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio ben porque, logo de dous intentos de notificación, esta non se puido efectuar.

As resolucións foron ditadas pola persoa titular da xefatura territorial, cuxo texto íntegro, xunto cos seus respectivos expedientes, se atopan á disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

As resolucións mencionadas non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser impugnadas en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición de recurso, as resolucións devirán firmes.

Lugo, 30 de novembro de 2020

O xefe territorial de Lugo
P.S. (Orde do 11.1.2018)
Alejandro Fontela Pereira
Xefe do Servizo de Xustiza e Administración Local

ANEXO

Núm. de expediente

DNI/NIE/pasaporte

Acto notificado

LU-2013/025

Y2842057F

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2018/097

SE2913481

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2011/210

X6140175A

Resolución de cancelación da inscrición