Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 4 de decembro de 2020 Páx. 48046

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1748/2020-MJC).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1748/2020 desta sala, seguido por instancia de Sergio Vieites Martínez contra o Fogasa, Sitel Ibérica Teleservices, S.A.; Global Sales Solutions Line Atlántico, S.L.; Global Sales Solutions Line, S.L.; Grupo Norte Agrupación Empresarial de Servizos, S.L.; Fundación Pública Sanitaria de Galicia 061 e Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., sobre cesión ilegal, se ditou a seguinte resolución:

«Rexeitamos o recurso de suplicación interposto pola letrada Marisol Romero Salgado, en nome e representación de Sergio Vieites Martínez, contra a Sentenza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, do 26 de xullo de 2019, nos autos número 287/2018, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste TSX de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 dezaseis díxitos desta sala, aberta no Banco Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dos dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta pero co código 80 no cando do 37, ou ben presentar aval bancario solidario na forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, deberá emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os dezaseis díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste, para os efectos de publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Gestión de Servicios de Emergencia y Atención al Ciudadano, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 13 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza