Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 4 de decembro de 2020 Páx. 48048

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (157/2019).

Na presente peza de apelación civil número 157/2019, dimanante do procedemento ordinario número 82/2017 do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Cambados, seguido por instancia de María Justina Fariña Pérez fronte a Caixabank, S.A. e Benito Eugenio Álvarez Iglesias, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados Francisco Javier Menéndez Estébanez, Manuel Almenar Belenguer, María Begoña Rodríguez González, ditou, en nome do rei, a seguinte Sentenza 524/2019:

Pontevedra, 7 de outubro de 2019

Vistos en grao de apelación ante esta Sección Primera, da Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de procedemento ordinario 82/2017, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Cambados, aos cales correspondeu a peza recurso de apelación (LACN) 157/2019, en que aparece como parte apelante María Justina Fariña Pérez, representada polo procurador dos tribunais Miguel Ángel Palacios Palacios, asistida polo avogado Víctor Uhía Pérez, e como parte apelada Caixabank, S.A., representada pola procuradora dos tribunais Sofía Cinta Doldán de Cáceres, asistida polo avogado Xosé Manuel Fernández Varela, e Benito Eugenio Álvarez Iglesias, non comparecido nesta alzada, e sendo relatora a maxistrada María Begoña Rodríguez González, quen expresa o parecer da sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decidimos que, estimando parcialmente o recurso de apelación formulado por María Justina Fariña Pérez, representada polo procurador Miguel Ángel Palacios Palacios, contra a sentenza ditada nos autos de xuízo ordinario 82/2017 polo Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Cambados, a debemos revogar e revogamos parcialmente no sentido de:

– Desestimar a demanda formulada por Caixabank, S.A., representada pola procuradora Sofía Doldán de Cáceres, contra a citada apelante, con imposición das custas á parte demandante de primeira instancia, sen facer especial pronunciamento en canto ás desta alzada.

– Estimar a demanda reconvencional formulada pola devandita apelante contra Caixabank, S.A. a quen se condena a que en relación co préstamo de litis se dea cumprimento ao escrito do 23 de febreiro de 2016 transcrito no fundamento xurídico quinto desta resolución en escritura pública, cuxos custos serán por conta da solicitante sen facer especial pronunciamento en canto ás custas de primeira instancia nin desta alzada».

E encontrándose o devandito demandado, Benito Eugenio Álvarez Iglesias, en paradoiro descoñecido, e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese o presente edicto co fin que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 22 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza