Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 4 de decembro de 2020 Páx. 48050

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO de notiticación de sentenza (2/2019).

Eu, María del Mar Pino Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fago saber que no presente procedemento foi pronunciada a Sentenza con data do 27 de xullo de 2020, que no seu encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Vigo, 21 de xullo de 2020.

Vistos por min, Manuel Ángel Pereira Costas, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal que co número 2/2019 se seguen por instancia de La Pía Sociedad de San Francisco de Sales, Inspectoría Salesiana de San Juan Bosco, Vulgo Congregación Salesianos de Don Bosco, a cal actúa representada pola procuradora Carmen Sánchez Fernández e asistida do letrado Marcos Fuentes Castro, contra Alfonso Jesús Rubio Cordón e Nélida Cid Guede, representados polo procurador Jorge Suárez Garayo e dirixidos polo letrado Luis M. Docampo; e contra de Manuel Martínez García, declarado en situación de rebeldía procesual, os cales teñen por obxecto unha acción negatoria de servidume.

Decido.

Rexeitar a demanda formulada por La Pia Sociedad de San Francisco de Sales, Inspectoría Salesiana de San Juan Bosco, Vulgo Congregación Salesianos de Don Bosco contra de Alfonso Jesús Rubio Cordón e Nélida Cid Guede, e de Manuel Martínez García, sen que haxa lugar a efectuar os pronunciamentos nela interesados, e absolvendo os demandados. Sen que haxa lugar a efectuar pronunciamento condenatorio en materia de custas procesuais.

Notifíquese esta sentencia ás partes, ás cales se lle fará saber que non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.

Así o acordo, mando e asino».

En virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, notifícase a Manuel Martínez García, baixo os apercibimentos contidos na dita resolución.

Vigo, 27 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza