Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 4 de decembro de 2020 Páx. 48052

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (DSP 52/2020).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 52/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Karen Zunilda Minota Tenorio contra Macchiatto Galicia, S.L. sobre despedimento, foi ditada Resolución do 30 de setembro de 2020 contra a cal se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de 5 días desde a súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Macchiatto Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2020

O letrado da Administración de xustiza