Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 4 de decembro de 2020 Páx. 48053

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1010/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrado da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1010/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Borja Porteiro Uribarri contra Govan Metalúrgica, S.L., Fogasa sobre ordinario, ditouse resolución de data en cuxa parte dispositiva consta:

Parte dispositiva:

Estímase a demanda formulada por Borja Porteiro Uribarri fronte á empresa Govan Metalúrgica, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Govan Metalúrgica, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de dous mil oitocentos oitenta e cinco euros con sete céntimos de euro (2.885,07 euros) percibindo os conceptos salariais o interese moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndoos saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRJS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, estando a celebrar audiencia pública. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Govan Metalúrgica, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza