Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Venres, 4 de decembro de 2020 Páx. 48055

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (SS 485/2019).

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra.

SS. Seguridade Social 485/2019.

Procedemento de orixe: sobre seguridade social.

Demandante: Javier Formoso Belo.

Avogado: Celestino Barros Pena.

Demandados: Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S. L., Vilariño Movimientos de Tierra y Obras, S.L., INSS, TXSS, Fremap.

Avogados: letrado/a da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social Guillermo Amigo Estrada.

Edicto (SS 485/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que mediante a resolución ditada no día da data, no proceso seguido a instancia de Javier Formoso Bello contra Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L., Vilariño Movimientos de Tierra y Obras, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS) e Fremap, en reclamación por seguridade social, rexistrado co número de seguridade social 485/2019, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 13 de abril de 2021, ás 10.45 horas, na planta 1, sala 15, edificio na rúa Hortas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou representada por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Construcciones y Demoliciones Sanmartín, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 12 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza