Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47195

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Outeiro de Rei (expediente IN407A 2020-27 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Concello de Outeiro de Rei.

Denominación: subministración eléctrica a circuíto Outeiro de Rei.

Situación: concello de Outeiro de Rei.

Características técnicas:

• Liña aérea de media tensión a 20 kV a CT Palloza (4849), con orixe na LMT existente Rábade 2 tramo dirección CT campo de fútbol (12811) e final na LMT existente derivación CT Palloza (4849), cunha lonxitude de 35 metros en condutor tipo LA-56.

• Liña soterrada de media tensión a 20 kV a CT proxectado urbanización Palloza, con orixe na LMT existente Rábade 2 tramo dirección CT campo de fútbol (12811) e final no CT proxectado urbanización Palloza, cunha lonxitude de 620 metros en condutor tipo RHZ1-150 mm.

• Centro de transformación prefabricado urbanización Palloza, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 630 kVA, no cal se instala unha cela de liña e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Liña soterrada de baixa tensión con orixe no cadro de baixa tensión do CT urbanización Palloza proxectado e final na RBT área proxectada, cunha lonxitude de 25 metros en condutor RV-240.

• Liña aérea de baixa tensión con orixe na RBT soterrada proxectada, cunha lonxitude de 500 metros en condutor RZ-150 e 7 metros en RZ-50.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310 de decembro), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan dos decretos 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, y tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce (12) meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun (1) mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Lugo, 10 de xullo de 2020

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo