Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47193

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 27 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo que se notifican as resolucións dos recursos de alzada ditadas en procedementos sancionadores que foron devoltas polo servizo de Correos (expediente RA/T/2009/00665 e quince máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica nos expedientes sancionadores, devoltas polo servizo de Correos porque, intentadas as notificacións, non se puideron practicar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, situadas no complexo administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela, se desexan examinar os expedientes e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen se efectuar a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Fáiselles saber que contra as devanditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, poderán formular un recurso contencioso-administrativo ante, á súa elección, o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición teñan o seu domicilio as persoas demandantes ou o de Santiago de Compostela, entendéndose limitada esta posibilidade de elección aos xulgados que se atopen dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao final do prazo de dez (10) días antes sinalado ou ao da comparecencia dos interesados, de ser o caso, de conformidade co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2020

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Núm. recurso alzada/

Núm. procedemento sancionador

Persoa interesada

Acto notificado

RA/T/2009/00665

PO-02507-O-2006

Marvil Construcciones y Contratas, S.L.

Resolución recurso

RA/M/2012/00250

LU-01698-O-2011

Ferreiro Forestal, S.L.

Resolución recurso

RA/M/2015/00503

PO-00010-S-2012

Pablo Castromil Abelenda

Resolución recurso

RA/DXM/CIM/2019/00367

PO-02679-O-2016

Excavaciones y Construcciones de Arousa, S.L.

Resolución recurso

RA/DXM/CIM/2019/00376

LU-00888-O-2015

Dellagotrans, S.L.

Resolución recurso

RA/DXM/CIM/2019/00526

PO-02718-O-2016

Manuel Álvarez Rodríguez

Resolución recurso

RA/DXM/CIM/2019/00529

PO-03625-O-2016

Cotobad Contratas, S.L.U.

Resolución recurso

RA/DXM/CIM/2019/00591

OU-00276-O-2016

Logística del Mediterráneo 2010, S.L.

Resolución recurso

RA/DXM/CIM/2019/00639

DX-00230-I-2016

Fisterra Transportes Internacionales de Galicia, S.L.

Resolución recurso

RA/DXM/CIM/2019/00722

DX-00214-I-2016

Biomasa de Galicia, S.C.

Resolución recurso

RA/DXM/CIM/2019/00738

PO-01986-S-2016

Aserraderos Costas de Galicia, S.L.

Resolución recurso

RA/DXM/CIM/2019/00811

LU-00094-O-2016

Transhemapo, S.L.

Resolución recurso

RA/DXM/CIM/2019/00849

PO-02532-O-2016

Manuel Álvarez Rodríguez

Resolución recurso

RA/DXM/CIM/2020/00021

LU-00157-O-2016

Leopoldo Blaise Pokem

Resolución recurso

RA/DXM/CIM/2020/00192

LU-00988-O-2016

Breixa Band, S.L.

Resolución recurso

RA/DXM/CIM/2020/00594

XC-00902-O-2016

Logística Nusa, S.L.

Resolución recurso