Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Aldeovo, S.L. para a explotación avícola de galiñas de posta situada en Albarellos, concello de Lalín (Pontevedra) (expediente 2019-IPPC-M-108).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro) regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro) regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:

– Explotación avícola de galiñas poñedoras en Albarellos, Lalín.

Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2020

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Expediente: 2019-IPPC-M-108.

Número da autorización ambiental integrada: 2011-IPPC-I-46-262.

Categoría principal da actividade: anexo I, grupo 9.3.a).

Titular: Aldeovo, S.L.

CIF: B94155041.

Domicilio social: rúa D, núm. 9, 3º A, Lalín (Pontevedra).

Localización da instalación: Albarellos, concello de Lalín (Pontevedra).

Actividade principal: explotación avícola de galiñas poñedoras.

Descrición: a explotación dispón de 181.708 galiñas poñedoras en aviarios distribuídas en 4 naves. A instalación conta cunha quinta nave con función de centro de recollida de ovos, 8 silos para o almacenamento do penso, un depósito de gasóleo e un grupo electróxeno. Ademais, dispón dunha esterqueira con capacidade de 3.780 m3 que garante o almacenamento do esterco producido en 6 meses.

Verteduras: as augas residuais xeradas nos aseos e baños da instalación e as augas residuais da limpeza da nave de centro de recollida de ovos son conducidas cara a unha fosa séptica (2.300 l) con filtro biolóxico, antes de seren vertidas ao dominio público por infiltración no terreo. As aguas residuais procedentes da limpeza das naves onde se atopan as galiñas son recollidas por unha cisterna e levadas á esterqueira para seren xestionadas conxuntamente co esterco. As augas pluviais verteranse directamente ao terreo.

O esterco xerado no interior das naves e almacenado na esterqueira será recollido por un xestor autorizado.