Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47197

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 16 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción na orde social.

Intentada a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Emprego e Igualdade de Ourense pola cal se acorda a resolución do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselle saber que a dita resolución non pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso, ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos trinta (30) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A persoa interesada, durante este prazo, poderase presentar ante a oficina de emprego Ourense Centro, situada na rúa Progreso, 11, baixo, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírteselle á persoa interesada que, se non formula recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 16 de novembro de 2020

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 135/2017, artigos 62.3 e 63.1)
Sofía Rodríguez Rodríguez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

Disposición transitoria segunda do Decreto 130/2020, do 17 de setembro.

ANEXO

Persoa

interesada

Nº de expediente

Preceptos

infrinxidos

Preceptos

sancionadores

Proposta de sanción

Y6561473R

Y6561473R/20-02.2020/2.1.E

Artigo 24.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda dun mes da prestación/subsidio por desemprego