Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46350

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 49/2020).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 49/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Pérez Yáñez contra a empresa Elaborados Metálicos Emesa, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Decido que, estimando a demanda interposta por Carlos Pérez Yáñez contra a empresa Elaborados Metálicos, S.A. (Emesa), declárase improcedente o despedimento de que foi obxecto o 3.12.2019 e condénase a empresa Elaborados Metálicos, S.A. (Emesa) a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir a parte demandante no seu posto de traballo ou a indemnizalo coa cantidade –s. e. u o.– de catro mil cincocentos cincuenta e dous euros e vinte céntimos (4.552,20 €) e con aboamento, só en caso de que se opte pola readmisión, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, en contía de sesenta e tres euros e sesenta e sete céntimos (63,67 €) diarios.

A antedita opción deberá efectuarse no prazo dos cinco días seguintes á notificación da presente resolución mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que o empresario tivese manifestado a súa opción, entenderase que procede a readmisión.

Así mesmo, condeno a administración concursal de Elaborados Metálicos, S.A. (Emesa) e o Fondo de Garantía Salarial conforme o disposto na Lei concursal e no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase, igualmente, ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banco Santander a nome desta oficina xudicial.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado ou graduado social para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Elaborados Metálicos Emesa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza