Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46352

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO de notificación de resolución (SSS 547/2020).

Eu, Sinesio Novo Fernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 547/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Humberto Cacheiro Doldán contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Ibermutua Gallega, Elaborados Metálicos Emesa, S.L., Vento Abogados & Asesores, S.L.P., Fogasa, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, foi ditada Resolución do 30 de setembro de 2019 contra a cal non cabe recurso de suplicación por razón da materia, sen prexuízo do disposto no artigo 191.3 da LRXS, e fáiselles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Elaborados Metálicos Emesa, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de outubro de 2020

O letrado da Administración de xustiza