Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46349

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (MMC 26/2020).

No procedemento de referencia ditouse Sentenza do 10.9.2020, con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentenza número 808/20.

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

En Ourense o 10 de setembro de 2020.

Vistos os presentes autos número 26/20 sobre modificación de medidas promovidos pola procuradora Sra. Álvarez Río, en nome e representación de Benito Álvarez Garrido, como demandante, asistido polo letrado, fronte a Benita León Fernández e Diego Álvarez León, declarados en rebeldía.

Resolución:

Estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Álvarez Río, en nome e representación de Benito Álvarez Garrido fronte a Benita León Fernández e Diego Álvarez León, e declaro a modificación das medidas acordadas na sentenza de divorcio do 22.12.2015, no sentido de ter por extinguida a pensión de alimentos a favor do seu fillo Diego Álvarez León.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (arts. 457 e ss. LEC) ante este tribunal, polo Ministerio Fiscal.

Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Diego Álvarez León e Benita León Fernández, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 11 de setembro de 2020

O/a letrado/a da Administración de xustiza