Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46347

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO de notificación de sentenza (300/2020).

Eu, Miguel Formoso Sobrado, letrado da Administración de xustiza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que na Sección Segunda desta sala se seguiu recurso contencioso-administrativo, tramitado como procedemento ordinario 4356/2018, que foi resolto definitivamente por sentenza firme número 300/2020, do 25 de xuño, firme en dereito, a cal anulou o Decreto da Concellaría delegada de Espazos Públicos do Concello de Santiago de Compostela, do 23 de maio de 2018, que aprobou a Instrución interpretativa acerca do tipo de uso e requisitos para a lexítima implantación das categorías de apartamento turístico, vivenda turística e vivenda de uso turismo no termo municipal de Santiago de Compostela.

Transcribimos a seguir o encabezamento e a parte dispositiva da sentenza:

«Sentenza

Maxistrados

María Azucena Recio González (presidenta)

José Antonio Parada López

Julio César Díaz Casales

Antonio Martínez Quintanar

A Coruña, 25 de xuño de 2020

No recurso contencioso-administrativo que co número 4356/2018 está pendente de resolución nesta sala, interposto pola procuradora María Pardo Valdés, en nome e representación de (...), asistido do letrado Carlos Alvite Grille, contra o Decreto da Concellaría de Espazos Cidadáns, do 23 de maio de 2018, polo que se aproba a Instrución interpretativa acerca do tipo de uso e requisitos para a lexítima implantación das categorías de apartamento turístico, vivenda turística e vivenda de uso turístico no termo municipal de Santiago de Compostela, publicado no DOG núm. 121, do 26.6.2018. É parte demandada o Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), asistido polo letrado do Concello. A contía do recurso é indeterminada.

É relatora a maxistrada María Azucena Recio González

(…)

Parte dispositiva

Por todo o exposto, en nome do rei, pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu:

1. Estimar o recurso contencioso-administrativo interposto pola procuradora María Pardo Valdés, en nome e representación de (...); contra o Decreto da Concellaría de Espazos Cidadáns, do 23 de maio de 2018, polo que se aproba a Instrución interpretativa acerca do tipo de uso e requisitos para a lexítima implantación das categorías de apartamento turístico, vivenda turística e vivenda de uso turístico no termo municipal de Santiago de Compostela, publicado no DOG núm. 121, do 26.6.2018.

2. Anular e deixar sen efecto o Decreto da Concellaría de Espazos Cidadáns, do 23 de maio de 2018».

Para a súa publicación, en cumprimento do previsto no artigo 107.2 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, expido o presente edicto.

A Coruña, 11 de novembro de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza