Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45751

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2020 pola que se convoca a provisión, mediante libre designación, dun posto do cadro de persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Estando vacante o posto da relación de postos de traballo do persoal funcionario de administración e servizos da Universidade de Vigo indicado máis abaixo, para o que se establece como procedemento de provisión o de libre designación, e consonte o disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

En uso das atribucións conferidas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e polos estatutos da Universidade de Vigo, esta reitoría

RESOLVEU:

Primeiro. Convocar a provisión polo sistema de libre designación do seguinte posto de traballo:

Posto de traballo

Grupo

Complemento de destino

Dotación

Localidade

Quenda

Secretaría-Secretaría do Equipo de Goberno

C1/C2

20

1

Vigo

Mañá

Segundo. Poderá optar á súa provisión o persoal funcionario de carreira de administración destinado na Universidade de Vigo, calquera que sexa a súa situación administrativa, agás o suspenso en firme e sempre que na data de remate do prazo de presentación de solicitudes pertenza a algún corpo ou escala integrado nos subgrupos de clasificación indicados.

O posto de traballo poderá ser declarado deserto, aínda que as persoas candidatas reúnan os requisitos exixidos.

Terceiro. As persoas interesadas deben presentar a súa solicitude axustada ao modelo que figura como anexo, dirixíndoa ao reitor da Universidade de Vigo dentro do prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes de participación poderán presentarse na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), nos rexistros xerais ou auxiliares desta universidade, ou segundo o previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. A solicitude deberá ir acompañada dun curriculum vitae comprensivo dos datos persoais, anos de servizo, postos desempeñados na administración, títulos académicos, estudos e cursos realizados, idiomas e calquera outro mérito que se considere oportuno achegar. Os méritos alegados deberán acreditarse documentalmente.

Quinto. O prazo para tomar posesión do destino definitivo obtido nesta convocatoria será de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se o comporta.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se fixará na resolución que poña fin a este proceso selectivo.

Sexto. Todos os restantes actos que integren este procedemento publicaranse, cando corresponda, no taboleiro electrónico da Universidade de Vigo e no seguinte enderezo: https://www.uvigo.gal/universidade/administracion-persoal/pas/traballar-uvigo.

Sétimo. De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados na solicitude serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo, coa finalidade de xestionar a tramitación deste procedemento selectivo e amparados pola Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e os estatutos da Universidade de Vigo.

Coa súa participación nesta convocatoria as persoas interesadas autorizan a Universidade de Vigo para a publicación dos seus datos, de acordo cos principios de publicidade e transparencia, cando así se derive da natureza desta convocatoria. Non obstante e co fin de previr riscos para a publicidade de datos persoais de vítimas de violencia de xénero, a persoa afectada comunicará esta circunstancia coa maior celeridade á Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo (986 81 34 19 e igualdade@uvigo.es).

Estes datos trataranse durante o tempo imprescindible para cumprir coa citada finalidade e conservaranse durante o prazo necesario para determinar as posibles responsabilidades que se puideran derivar da dita finalidade e do tratamento dos datos.

As persoas participantes están obrigadas a facilitar estes datos en virtude do especificado nos parágrafos anteriores e, en caso de non facelo, excluiráselles do proceso selectivo.

As persoas participantes teñen dereito a solicitar ao responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, a rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento, así como a oporse ao devandito tratamento e a solicitar, agás casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidade dos seus datos.

Estes dereitos poderán exercerse mediante solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo no Rexistro da Universidade de Vigo ou en calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da LPCAP e remitida á Secretaría Xeral da Universidade de Vigo, Campus universitario Lagoas-Marcosende, 36310 Vigo (Pontevedra). Máis información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos.

Igualmente, pode dirixir a dita solicitude directamente á delegada de protección de datos do responsable: Ana Garriga Domínguez, Facultade de Dereito, Campus Universitario As Lagoas, s/n, 32004 Ourense (España), 988 36 88 34, dpd@uvigo.gal.

Tamén pode presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 10 de novembro de 2020

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

missing image file