Por Resolución do 2 de xaneiro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés (DOG núm. 14, do 22 de xaneiro) convocouse a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de dous postos de encargado/a de quenda de celadores/as no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
En virtude das competencias atribuídas polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 204, do 25 de outubro), esta xerencia
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicar os dous postos de encargado/a de quenda de celadores/as no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, aos aspirantes que alcanzaron a maior puntuación:
• Bustelo Sol, Emilia ***3512**.
• Figueiras Ameijeiras, Mª Dolores ***5576**.
(*) Ocúltase parcialmente o número do DNI para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.
Segundo. O/a aspirante deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles, se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.
Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do/da interesado/a os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.
O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.
Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado/a nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.
Terceiro. O/a aspirante seleccionado/a obterá un nomeamento para o desempeño do posto por un período inicial de catro anos de duración. Antes da finalización do referido período, o/a profesional seleccionado/a será avaliado/a para os efectos da súa prórroga, por idéntico período, ou remoción. Neste último caso, darase previamente audiencia ó/á interesado/a.
Cuarto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo de un mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, segundo o establecido nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Pontevedra, 9 de novembro de 2020
José Ramón Gómez Fernández
Xerente da Área Sanitaria Pontevedra e O Salnés