Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Xoves, 19 de novembro de 2020 Páx. 45755

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2617/2020-CON).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2617/2020-CON desta sala, seguido por instancia de Gero Vitalia, S.L. contra Fogasa, Geriatros, S.A., Catijo Servicios Sociales, S.L., Geriavi, S.A.U e Elodie Conde Peixoto sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da codemandada a empresa Gero Vitalia, S.L., contra a sentenza de data 5 de febreiro de 2020 ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, en autos 634/2019, confirmamos a sentenza impugnada.

Condenamos a entidade recorrente a aboar os honorarios de letrado da demandante e impugnante da suplicación por importe de seiscentos un euros (601 €). De acordo co artigo 235.1 da LXS, a empresa demandada-recorrente debe aboar os honorarios de letrado da demandante-impugnante do recurso. Dáselles aos depósitos constituídos o destino legal correspondente.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de dezaseis díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano do mesmo.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os dezaseis díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80
ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Catijo Servicios Sociales, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza