Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45223

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se modifica a autorización do centro privado Juniors, de Santiago de Compostela.

A representación legal do centro privado (CPR) Junior’s, de Santiago de Compostela, solicita a modificación da autorización do centro e a supresión das ensinanzas de educación infantil e de educación primaria.

De conformidade coa solicitude de modificación da autorización formulada e logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización e suprimir as ensinanzas de educación infantil e de primaria, no CPR Junior’s, de Santiago de Compostela, código 15016449, que queda configurado como se sinala a seguir:

Composición resultante:

a) Educación secundaria obrigatoria: 6 unidades.

b) Bacharelato: 6 unidades das modalidades de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais.

c) Formación profesional:

• 1 ciclo formativo de grao superior (CS) Administración e Finanzas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Comercio Internacional (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Guía, Información e Asistencia Turísticas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Sistemas de Telecomunicación e Informáticos (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inscrición no rexistro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade