Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 5 de novembro de 2020 Páx. 44158

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1172/2019).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de Xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento divorcio contencioso 1172/2019 seguido por instancia de Melouka Saidi fronte a Aziz Bouziani, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 983/2020.

Xuíz que a dita: Luis Doval Pérez.

Lugar: Ourense.

Data: oito de outubro de dous mil vinte.

Luis Doval Pérez, maxistrado xuíz de reforzo do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, viu os presentes autos sobre divorcio contencioso, promovidos por Melouka Saidi, representada polo procurador Bautista Baltar Cid, e asistida pola letrada María de los Ángeles López Vázquez, contra Aziz Bouziani, en situación de rebeldía procesual; sendo parte o Ministerio Fiscal.

Resolvo.

Que debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador Bautista Baltar Cid, e decreto a disolución por divorcio do matrimonio entre Melouka Saidi e Aziz Bouziani, con todos os efectos legais inherentes a tal declaración.

Acordo as seguintes medidas derivadas do divorcio:

1. Atribúese á nai Melouka Saidi a garda e custodia do menor M.B.B., sendo a patria potestade conxunta, sen establecer réxime de visitas a favor do pai non custodio.

2. Suspéndese o réxime de visitas a favor do pai.

Atribúese en exclusiva á nai a facultade para decidir sobre permisos e autorizacións relativas á escolarización do menor, así como para autorizar excursións, viaxes, etc., así como, para a obtención de pasaporte, petición de axudas públicas e outros documentos ou trámites administrativos sen necesidade de contar coa autorización do outro proxenitor.

3. Atribúese á nai Melouka Saidi e ao fillo menor o uso e desfrute do domicilio conxugal situado na rúa Marcelo Macías, 60, 2º D, Ourense, así como o enxoval doméstico.

4. Fíxase unha pensión de 100 € mensuais a cargo do pai Aziz Bouziani, que se ingresará dentro dos cinco primeiros días de cada mes, na conta que designe para o efecto a nai, actualizable cada 1 de xaneiro conforme o IPC ou índice que o substitúa.

En canto os gastos extraordinarios distribuiranse en 50 %, entendendo e diferenciando entre os necesarios (aqueles gastos médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social, e os derivados da educación dos seus fillos, como clases de apoio) e os non necesarios, e é necesario que nestes últimos exista consenso para a súa realización e aboamento e, en caso de non existir, serán asumidos polo proxenitor que decidise levalos a cabo.

Unha vez firme, inscríbase a presente resolución no Rexistro Civil, á marxe da inscrición de matrimonio cuxa copia obra unida ás actuacións. Líbrese para tal efecto o oportuno mandamento.

Non se efectúa expresa imposición de custas.

Notifíquese ás partes esta sentenza, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe recurso de apelación, que deberán interpoñer ante este xulgado dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Ourense, logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional 15ª da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o dito demandado, Aziz Bouziani, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 13 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza