Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 5 de novembro de 2020 Páx. 44155

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 5769/2019MRA).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 5769/2019MRA.

Xulgado de orixe/autos: PO procedemento ordinario 132/2018 Xulgado do Social número 4 de Ourense.

Recurrente: Antonio Sández Udaondo

Avogado: Gabriel Gómez Pumar

Procurador/a: –

Graduado/a social: –

Recorridos: Fogasa, Industrias de Rocas Ornamentales, S.A. (Irosa), Mutual Cyclops, Fiatc Mutua de Seguros y Reaseguros A Prima Fija, Fraternidad Muprespa, Admón. Concursal Iberoitaliana de Pizarras, S.A. (Arturo González Estévez), Cantera Pedriña, S.L., Axa Seguros Generales, S.A., Quironprevención, S.L.U., Pizarras Europeas Arias, S.A., Saneamientos Demolición y Mantenimiento, Helvetia Compañía Suiza, S.A. de Seguros y Reaseguros, Ges Seguros y Reaseguros, S.A.

Avogados: letrado de Fogasa, Luís Carlos Freire Sáenz de la Calzada, Wilson Domingo Jones Romero, María del Pilar Cortiñas Lorenzana, Wilson Domingo Jones Romero, Wilson Domingo Jones Romero, Margarita Caneiro González, Fidel Díez Udias, Ignacio González Plaza, Jaime Benito Gutiérrez, Mónica Victor Fortes, Julián Besteiro Álvarez.

Procuradores: Diego Rúa Sobrino, Ramón Montero Rodríguez, Miguel Vilariño García.

Graduado/a social:...

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 5769/2019 desta sección, seguido por instancia de Antonio Sández Udaondo contra Fogasa, Industrias de Rocas Ornamentales, S.A. (Irosa), Mutual Cyclops, Fiatc Mutua de Seguros y Reaseguros a Prima Fija, sobre outros dereitos da Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

1. Estimamos en parte o recurso de suplicación interposto por Antonio Sández Udaondo fronte á sentenza do 15 de xullo de 2019 do Xulgado do Social número 4 de Ourense, ditada nos autos número 132/2018, que revogamos en relación coa absolución da empresa Irosa, admitindo en parte fronte a tal empresa a demanda no seu día presentada cos seguintes pronunciamentos:

1.1. Condenamos a Irosa a aboar á parte demandante a cantidade de 105.737,03 euros.

1.2. Sen custas.

2. Mantense a desestimación da demanda apreciada na instancia respecto das restantes codemandadas.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Saneamientos Demolición y Mantenimiento, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza