Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Xoves, 5 de novembro de 2020 Páx. 44160

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela

EDICTO (70/2020).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva é a seguinte:

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2020.

Vistos por Andrés Lago Louro, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 desta cidade, os presentes autos de xuízo ordinario nº 70/2020, seguidos por instancia de Aquilino Manuel López Leira, representado pola procuradora Sra. Sánchez Silva e baixo a asistencia letrada do Sr. Ferreiro Casal, contra María Jesús Paz Quintás, en situación de rebeldía procesual, en atención ao seguinte,

Resolvo:

Acéptase integramente a demanda presentada pola procuradora Sra. Sánchez Silva en nome e representación invocada e, en consecuencia, condénase a demandada María Jesús Paz Quintás a lle aboar ao demandante a cantidade de 14.600 € máis os xuros legais contados desde a data de interposición da demanda, así como ao pagamento das custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interporse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do devandito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado, de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 €, o que deberá ser acreditado na presentación do recurso.

Así o acorda, manda e asina Andrés Lago Louro, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela».

E como consecuencia do paradoiro ignorado de María Jesús Paz Quintás, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza