Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 26 de outubro de 2020 Páx. 42573

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Carballo

EDICTO (27/2019).

No procedemento de referencia ditouse a resolución cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza 27/2019.

Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Hernández García.

Lugar: Carballo.

Data: seis de marzo de dous mil dezanove.

Demandante: Caixabank, S.A.

Avogado: Manuel Medina González.

Procuradora: Águeda Pardo de Vera Moreno.

Demandado: David Romar Trillo, en situación de rebeldía procesual.

Procedemento: procedemento ordinario 388/2017.

Decido que debo estimar e estimo substancialmente a demanda presentada pola procuradora dos tribunais, Águeda Pardo de Vera, en nome e representación de Caixabank, S.A. e, en consecuencia:

– Debo declarar e declaro o vencemento anticipado do contrato de crédito con garantía hipotecaria asumido por David Romar Trillo por escritura do notario Rafael Benzo Sainz, con número de protocolo 3.051.

– Debo condenar e condeno a David Romar Trillo a pagar a cantidade de 73.767,27 euros, máis o xuro remuneratorio que se xere ao tipo pactado desde o 4.10.2017 ata a data da sentenza.

Que debo condenar e condeno a David Romar Trillo ao pagamento das custas procesuais.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte (20) días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente. O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade na conta deste expediente e sinalar no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar, neste caso, no campo observacións a data da resolución impuganda co formato dd/mm/aaaa.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado xuíz».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de David Romar Trillo, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Carballo, 10 de marzo de 2020

O letrado da Administración de xustiza