Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 26 de outubro de 2020 Páx. 42571

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (621/2017).

Eu, Piar Sández González, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primera Instancia número 2 de Vigo, anuncio que no presente procedemento ordinario 621/2017 seguido por instancia de José Enrique Martínez Pérez fronte a Manuel Franco Delgado ditouse sentenza, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

En Vigo, 17 de xuño de 2020.

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 2 desta cidade e o seu partido xudicial, os autos de xuízo ordinario nº 621/2017 promovidos por José Enrique Martínez Pérez (quen actúa en beneficio da comunidade hereditaria de María Pérez Alonso), representado pola procuradora dos tribunais Gisela Álvarez Vázquez e asistido pola letrada Paz Salaberri Areán, contra Manuel Franco Delgado, en rebeldía procesual, autos dos que resultan os seguintes.

Decido:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta por José Enrique Martínez Pérez (quen actúa en beneficio da Comunidade Hereditaria de María Pérez Alonso), representado pola procuradora dos Tribunais Gisela Álvarez Vázquez, contra Manuel Franco Delgado, en rebeldía procesual, e en consecuencia, condeno o citado demandado a satisfacer á parte demandante a cantidade de seis mil cento cincuenta e dous euros con oitenta e cinco céntimos (6.152,85 euros) en concepto de danos e perdas ocasionados na vivenda, máis os xuros legais e as custas. Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no Libro de sentenzas.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e fronte a ela cabe interpoñer no prazo de vinte días recurso de apelación ante este xulgado do que coñecerá, se é o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Manuel Franco Delgado, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 19 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza