Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 26 de outubro de 2020 Páx. 42570

V. Administración de xustiza

Xulgado do Penal número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (497/2018).

Eu, María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no presente procedemento ORD 497/2018, seguido por instancia de Juan Tuñas Santiago fronte a Leónides Puga Vázquez e comunidade hereditaria de Luis Vilela Louzao, se ditou sentenza, cuxo teor literal na súa resolución é o seguinte:

Estimo integramente a demanda presentada por Juan Tuñas Santiago, que actúa no seu propio nome e en beneficio da súa sociedade de gananciais e da comunidade de bens formada con Manuel Tuñas Santiago, José Tuñas Santiago, Faustino Arias Trigo e Severino Santos Noya, contra Leónides Puga Vázquez e a comunidade hereditaria de Luis Vilela Louzao, e en consecuencia:

1. Declaro que a parte demandante na representación en que intervén é propietaria do local número tres da escritura de división horizontal do edificio do número 32 da rúa Montero Ríos, predio rexistral número 49.973, en virtude de escritura de compravenda do 18.1.1988.

2. Condeno os demandados a se ater a tal declaración e a emendar a descrición do predio que figura na citada escritura de compravenda para adaptala á de escritura de obra nova e propiedade horizontal e ao seu correspondente asento rexistral.

Todo iso con imposición de custas á parte demandada.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza