Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Luns, 26 de outubro de 2020 Páx. 42575

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño

EDICTO de notificación de sentenza (413/2018).

Eu, Teresa A. Fernández Molinos, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño e do seu partido xudicial, vin e oín estes autos de xuízo ordinario número 359/2018, seguidos por instancia da Comunidade de Propietarios Ribeira do Louro, portal 1, representada procesualmente pola procuradora Sra. Santa Cecilia Escudero e asistida do letrado Sr. Rey Gómez, substituído no acto da audiencia previa pola letrada Sra. Estévez Vidal, contra Galaico Noroeste Promociones Inmobiliarias Industriales, S.L., en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que, estimando a demanda promovida pola procuradora dos tribunais Sra. Santa Cecilia Escudero, en nome e representación da Comunidade de Propietarios Ribeira do Louro, portal 1, contra a mercantil Galaico Noroeste Promociones Inmobiliarias Industriales, S.L., en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno a parte demandada a aboarlle á demandante a cantidade de vinte e seis mil setecentos sesenta e sete euros con dezasete céntimos (26.767,17 €), incrementada nos xuros legais do modo previsto no fundamento de dereito terceiro desta resolución, e con expresa imposición das custas procesuais causadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, con indicación expresa de que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación ante este xulgado, nos prazos e cos requisitos previstos no artigo 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de constitución do depósito regulado na disposición adicional decimoquinta da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta miña sentenza, da cal se unirá certificación aos autos da súa razón, e definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.