Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 16 de outubro de 2020 Páx. 40160

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5546/2019-RCUD 255/2020-S).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 5546/2019

Xulgado de orixe/autos: SSS Seguridade Social 802/2018 Xulgado do Social número 5 da Coruña

Eu, Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 5546/2019-RCUD 255/20-S desta sala, seguido por instancia da Mutual Midat Cyclops, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e outros, sobre accidente, se ditaron sentenza e dilixencia de ordenación cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos:

Que con estimación do recurso que foi interposto pola Mutua Mutual Midat Cyclops, revogamos a sentenza que con data do 14 de febreiro de 2019 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 5 dos da Coruña e desestimamos a demanda presentada por Herminio José del Valle Moreno, ao absolver a parte demandada de todos os pedimentos.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto), co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, terá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

«Dilixencia de ordenación letrada da Administración de xustiza María Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 23 de setembro de 2020.

O anterior escrito subscrito polo letrado Eloy González González, en representación de Herminio José del Valle Moreno, únese ao recurso da súa razón.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 5 da Coruña que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Vista a nota de referencia da xestora, notifíquese á demandada Manuela Gorín Suárez, tanto a sentenza recaída así como a presente dilixencia de ordenación, a través do Diario Oficial de Galicia.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Manuela Gorín Suárez, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza