Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 16 de outubro de 2020 Páx. 40163

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (RPL 309/2019).

Eu, María Cristina Montero Carré, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou o auto cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou en nome do rei o seguinte:

Auto núm. 48/2020.

Maxistrados:

Manuel Conde Núñez

Julio Tasende Calvo

Carlos Fuentes Candelas

A Coruña o dezaoito de maio de dous mil vinte.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección 5ª da Audiencia Provincial da Coruña os autos núm. 44/2019, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia nº 7 da Coruña, aos cales correspondeu a peza 309/2019 e nos cales aparece como parte apelante: María de los Ángeles Rey Penabad, representada polo procurador Sr. Sánchez González, e como apelado: Ramón Fernández Camiño (non comparecido). É maxistrado ponente Manuel Conde Núñez.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Parte dispositiva:

Aceptando o recurso de apelación interposto pola representación procesual de María de los Ángeles Rey Penabad contra o auto ditado polo Xulgado de Primeira Instancia número 7, nos autos núm. 44/2019, debemos revogar e revogamos a referida resolución e acordamos que o Xulgado de Instancia proceda a seguir polos trámites legais oportunos o despacho da execución interesada.

Así, por este noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E como consecuencia do paradoiro ignorado de Ramón Fernández Camiño, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación e a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Expido e asino o presente edicto. Dou fe.

A Coruña, 22 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza