Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Venres, 16 de outubro de 2020 Páx. 40159

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2020 pola que se corrixen erros advertidos na Resolución do 8 de setembro de 2020 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

Advertidos erros na Resolución do 8 de setembro de 2020 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios, publicada no DOG número 192, do 22 de setembro, e ao abeiro do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa rectificación nos seguintes termos:

No anexo I, no concurso número 20/042:

Onde di:

«Actividade docente: 613G03025 Gramática Inglesa. Actividade investigadora: Métodos e teorías lingüísticas e a súa aplicación á lingua inglesa»,

Debe dicir:

«Actividade docente e investigadora: 613G03025 Gramática Inglesa; 613505105 Modelos e teorías lingüísticas e a súa aplicación á lingua inglesa».

A Coruña, 8 de outubro de 2020

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña