Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 2 de outubro de 2020 Páx. 38235

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 124/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 124/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Márquez Citoula contra Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L., sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza Elena Pereira Bernárdez.

Santiago de Compostela, oito de setembro de dous mil vinte.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar as executadas, en forma solidaria, Hipescar, S.L. e Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en situación de insolvencia total, polo importe de 77.903,56 euros en concepto de principal (25.185,92 euros en concepto de salarios de trámite e 52.717,64 euros en concepto de indemnización), máis outros 7.790,35 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñeceren novos bens das executadas.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza