Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 2 de outubro de 2020 Páx. 38234

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 514/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 514/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adriana Claudia Gónzalez contra Pablo Antonio Santoro Pignon, Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza coa seguinte parte dispositiva:

Decido

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Adriana Claudia González, contra o empresario individual Pablo Antonio Santoro Pignon, e, como consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual Pablo Antonio Santoro Pignon, a que aboe ao demandante a cantidade de 3.196,45 € brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados entre xaneiro e abril de 2019, así como a compensación económica polas vacacións non gozadas, incrementadas ambas as dúas cantidades no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais e a cantidade de 323,33 € en concepto de indemnización por extinción da relación laboral.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pablo Antonio Santoro Pignon, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza