Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 2 de outubro de 2020 Páx. 38232

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 1111/2017-MA).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 1111/2017-MA por instancia de María Jesús Gerpe Gómez contra Adolfo Fragoso Gómez y Otros, S.A. e Fogasa sobre P.O., nos que recaeu sentenza con data do 1 de setembro de 2020 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido:

Estímase a demanda formulada por María Jesús Gerpe Gómez e Yolanda Marta Varela fronte á empresa Adolfo Fragoso Gómez y Otros, S.C., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Adolfo Fragoso Gómez y Otros, S.C. a aboar ás demandantes as seguintes cantidades:

• A María Jesús Gerpe Gómez a cantidade de cinco mil trescentos corenta e tres euros con trinta e catro céntimos de euro (5.343,34 euros).

• A Yolanda Marta Varela a cantidade de catro mil oitocentos sesenta e oito euros con trinta e dous céntimos de euro (4.868,32 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Adolfo Fragoso Gómez y Otros S.C. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 10 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza