Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 2 de outubro de 2020 Páx. 38230

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo

EDICTO (255/2018).

Eu, Natalia López Ramos, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo, polo presente anuncio que no procedemento de xuízo ordinario 255/2018 deste xulgado ditouse sentenza, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Mondoñedo, 3 de setembro de 2020.

Vistos por Cristina Díaz Rodríguez, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo, os autos do xuízo ordinario 255/2018 no que son partes o demandante, Francisco Rodríguez Reigosa, asistido pola letrada señora Santamarina Cerdeira e representado pola procuradora señora Tella Costa, e as demandada Promociones A Mariña 2000, S.L., declarada en situación de rebeldía procesual.

(….)

Decido:

Estimo integramente a demanda interposta pola representación de Francisco Rodríguez Reigosa contra as demandada Promociones A Mariña 2000, S.L., e, en consecuencia, condeno a esta a emendar os defectos construtivos descritos no informe pericial acompañado á demanda, realizando as obras necesarias para a súa reparación, así como para evitar a aparición de novos defectos, igualmente descritas no citado informe pericial.

Impóñense as custas á parte demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E como consecuencia do ignorado paradoiro da parte demandada Promociones A Mariña 2000, S.L., esténdese o presente para que sirva de notificación en forma, mediante a súa publicación no DOG.

Mondoñedo, 15 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza