Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 2 de outubro de 2020 Páx. 38237

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 514/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 514/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Bárbara Vidal Martínez contra Eduardo Raúl Arias sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Acordo:

– Admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia:

– Citar as partes para compareceren o día 22.12.2020 ás 13.40 horas, na planta baixa, sala 1, Edif. rúa Berlín, para a celebración do acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, unha vez tentada, e, en caso de non se alcanzar a avinza, o día 22.12.2020 ás 13.45 horas, na planta baixa, sala 1, Edif. rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a. Practíquese indagación domiciliaria do demandado a través do PNX por teren sido devoltas polo servizo de Correos as notificacións realizadas neste procedemento e, para evitar suspensión do sinalamento, cítese cautelarmente por edictos. Cítese o Fogasa».

E para que sirva de notificación en legal forma a Eduardo Raúl Arias, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios, facéndolle saber que a cédula de citación e demais documentación se encontra na oficina xudicial.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza